Este foi un encargo moi especial dun grupo ao que queremos moito, Os folieros de Lavadores.
20/10/13
O último bombiño que entregamos
En madeira de freixo tinguido en vermello e negro. Vai ser un bombiño moi festeiro, o seu dono recorre o pais dunha punta a outra tocando unha morea de instrumentos, e facendo cantar e bailar a grandes e pequenos. Estamos desexando verllo colgado das costas.
Marchando un Bombo de freixo e un tambor tamén de freixo pero tinguido en color avelá. Nalgúnha festa os atoparemos gozando e danzo alegría a quen os escoita.
Este bombiño pequeno un bo día saíu do taller querendo coñecer outras terras, e rodando rodando....baixou o monte da Madroa e chegou ata a ría, pero non parou alí, porque nadando e nadando chegou ó outro lado da ría e atopouno un neno que seica chamase Tomé. Os dous quedaron encantados de coñecerse e agora disfrutan xuntos das festas que alí se fan.
Agora que xa pasou o día do estreno podemos colgar a foto de este bombazo que nos deu moitas alegrías e tamén bastantes rompedeiros de cabeza. Viva Vincios!!!!
Pode que pensedes que estamos un pouco pesadas cos bombos pero..... o que nunca tivo un porco e agora ten un porquiño anda todo o día curricho currichiño ... pois este é o segundo bombo foliqueiro, de piñeiro.