Mañá 24 de outubro no Club Charenton en Ramón Nieto 58, as 22h. Vaiser un desembarco musical con moito ritmo, vinde bailar unhas pezas e gastar pista.
31/12/14
Rematamolo ano co taller cheo de virutas e serrín, iso é bo!!!!!
Que o 2015 traia traballo, música, baile, risas, foliadas, instrumentos, ruadas.......festas para todos e todas!!!!!!
6/12/14
Traballo feito. Ferreñas personalizadas para o cotro tradicional Cantares do Brión. Se queredes unha pasade mañá polo Culturgal en Pontevedra. Ás 11:45h poderedes escoitalos e levar unha ferreña personalizada de recordo.
Xa están saíndo os encargos para o polo norte e para oriente!!!! os que ainda non vos decidichedes......espabilade!, que logo todo son presas e a artesanía non entende desas cousas. Se queredes algo para xaneiro pedideo xa, que o mellor daquela estamos de baixa por maternidade.
Xa hai tempo que nos visitou Mercedes, unha moza de Maceda que fai artesanía con diferentes materiais, un deles é a prata coa que fai unhas pandeiretiñas moi chulas que poden ser colgantes ou chaveiros. Deixo unha foto, que non e moi boa, non fun capaz de facela mellor :( e a sua dirección de internet por se queredes contactar con ela ou ver outras cousiñas que fai. www.blogoteca.com/moura