Hoxe nace o espazo virtual das Foliqueiras.
O noso espazo real está en Vigo e dende ali nos desplazamos a algunhas das festas de Galicia, donde podemos mostrarvos o froito do noso traballo. Como non sempre hai festas e como no todos podedes ir a elas, decidimos abrir unha ventana donde iremos colgando as fotos do noso material, e tamén vos mantendremos informados se imos a algunha mostra.
A vida é mellor que non sexa virtual pero existe un universo paralelo que está aí, no mundo virtual, que non debemos desprezar. A vida manipulámola como podemos pero sempre hai alguén que se empeña en interaccionar con nós e vir 'jodela' unhas veces e facela marabillosa outras. A nosa vida virtual podemos facela todo o bonita que queiramos. Si ven alguén e quere 'jodela'... pois lle negamos o paso. Sen dúbida tendes todo o que hai que ter para facer do mundo foliqueiro virtual algo tan desexable como o espazo foliqueiro real. Pena do licor café virtual!
ResponderEliminarBicos.
Luís, non te esquezas da empanada virtual, esa que lle aledaría os días ós emigrados.
ResponderEliminarRapazas, moito éxito no blog. Moito éxito como Foliqueiras.
Apertas agora que podo dalas.