25/3/10

Reconquista 2010

Xa queda moi pouquiño para que collamos os instrumentos e nos instalemos na praza da Constitución, mañá estaremos todo o día últimando detalles e repasando a lista para non deixar nada atrás.

Esperamos que teñades un momentiño para dar un paseo pola festa e botar unhas pezas. Nos temos moitas ganas, que estos últimos días están sendo de moito traballo e xa apetece desestresar cantando e bailando.

E de mostra unha pandeireta que non veredes no posto porque xa foi entregada ao seu dono, pero o mellor......quen sabe, igual anda pola festa!

No hay comentarios:

Publicar un comentario