16/7/10

Memorial Ricardo Portela



MEMORIAL RICARDO PORTELA

Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos colabora co Concello de Pontevedra na organización do XI Memorial Ricardo Portela que nesta ocasión se celebrará o 17 e 18 de Xullo.

A Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais permanecerá os dóus días que dura o memorial na Praza de Ourense.

O sábado 17 terá lugar o tradicional concurso no que xa están inscritos varios grupos de recoñecido prestixio dentro do panorama musical tradicional galego. Constará de dúas fases, un pasarrúas de carácter eliminatorio pola mañá e unha fase final a partir das 20h na Praza da Peregrina. Durante a deliberación do xurado contaremos coa actuación especial de Sobre Rodas.

O domingo 18 a partir das 20h na Praza da Peregrina celebrarase o Festival de Música Tradicional coa actuación de Ruote e Linho do Cuco.


1 comentario: